Iniciada a instalación de luminarias de baixo consumo na franxa litoral de Ribeira

20 Setembro 2019

20190920. O Concello de Ribeira informa de que está en marcha a actuación destinada a mellorar a alumeado da franxa litoral a través da instalación de preto de 500 luminarias LED entre Palmeira e Aguiño. Concretamente, a iniciativa comprende a instalación de luces no paseo de Insuela, no paseo da Ameixida, no parque de Punta do Castro e nas pasarelas das praias de Castro e A Catía, así como a renovación das luces do paseo do Carreiro e do porto de Aguiño.

Froito dos traballos xa emprendidos, onte pola noite comezaron a funcionar en fase previa á súa recepción as luminarias dispostas no paseo marítimo da Ameixida. En concreto, 72 balizas que percorren o longo da infraestrutura.

Ademais da referida intervención, o proxecto inclúe subactuacións no paseo de Insuela, a iluminación mediante 46 balizas e 4 farois altos do tramo comprendido entre a praia e a zona do cámping; no parque de punta do Castro, 2 balizas e 26 luminarias sobre columnas, así como 2 proxectores nas pistas deportivas e 4 na zona de aparcamento; as pasarelas das praias de Castro e A Catía e o paseo do Carreiro disporán de 221 balizas entre tódolos tramos, ademais de alumeado para 9 farois na rúa adxacente Andrés Torres Queiruga; e no porto de Aguiño substituiranse tódalas luminarias existentes nas vías que percorren o porto e máis o aparcamento por luces LED, ao igual que a zona residencial situada na contorna, substituíndose un total de 100 luminarias.

A adxudicación do contrato dividiuse en catro lotes, dos cales o primeiro e o terceiro (correspondentes ao paseo de Insuela e ao parque de punta do Castro, praias de Castro-Catía e Carreiro) recaeron en Ferrovial Servicios S.A. por un prezo total de 331.625’36 euros (44.930’76 euros + 286.694’60 euros) e os segundo e cuarto (paseo da Ameixida e porto de Aguiño), en Instalaciones Eléctricas Coruñesas por 116.004’1 euros (58.523’49 euros + 57.480’61 euros). Así, o investimento global ascende a 447.629’46 euros.

Esta actuación enmárcase na EDUSI Máis Riveira Atlántica 2020, financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo de Crecemento Sostible (POCS) 2014-2020. Adscríbese a liña de actuación deste plan denominada Mellora da Eficiencia Enerxética na Administración Pública, dentro do obxectivo temático número 4 (Economía Baixa en Carbono).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...