Extinguido este domingo a última hora da tarde o lume de Ribeira

09 Setembro 2019
Os montes de Oleiros tralo paso das lapas/ Imaxe aérea de @briftabuyo

20190909 A fin de semana volveu o lume a Barbanza, logo dos incendios que afectaron a Porto do Son e, con moita menor virulencia a Pobra (Posmarcos) e Boiro (Cures). Logo de que estes focos foran controlados e extinguidos, o venres pola noite iniciouse na parroquia de Oleiros, en Ribeira, un novo lume que terminou por afectar tamén ao termo municipal de Porto do Son. Logo dun intenso traballo de extinción (case dúas xornadas de traballo), ficou extinguido ás 20.30 horas deste domingo.

Segundo informa a Consellería de Medio Rural, as máis recentes estimacións sitúan en 197 hectáreas a superficie de monte afectada, das cales 160 eran arboradas (piñeiros e eucaliptos principalmente) e 37 de rasas. Na súa extinción participaron 25 axentes, 43 brigadas, 24 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 5 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Sobre as orixes do lume de Oleiros novamente hai que relacionalas coa acción humana, unida á axuda involuntaria do forte de nordés que soprou durante toda a fin de semana e boa parte da semana previa (hoxe a situación climática adversa tómase un respiro, que o nordés deixou de soprar, e estímase que a situación estenderase até a mañá).

Artefacto incendiario empregado estes días para propagar as lapas nos montes

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, achegouse este sábado á zona afectada polo incendio, onde afirmou que se atoparon varios obxectos incendiarios en montes afectados polo lume. Ademais, as autoridades engadiron que xa hai sospeitosos de telo causado.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...