Este mércores comezan as festas de Santa Uxía

10 Setembro 2019
Igrexa parroquial de Santa Uxía de Ribeira

20190910 Este mércores 11 de setembro comeza en Ribeira (até o sábado 14) o seu terceiro e último capítulo festeiro estival (logo da Dorna e as festas do verán): as festas da patroa local, Santa Uxía. O programa de celebracións será completo e variado, achegando actividades para residentes e visitantes de todas as idades e, por suposto, sen descoidar as demandas da rapazada (haberá inchables, teatro, contos e música, entre outras cousas). Entre as principais citas da axenda figuran os concertos da orquestra Panorama (o primeiro día das festas no paseo do Malecón a partir das 22.30 horas) e da Banda Xangai (revisitación do movemento músico-cultural bravú), o venres 13 a partir das 23.00 horas. O programa complétase cunha vintena de eventos musicais, culturais e relixiosos.

As celebracións tamén terán un importante ingrediente artístico, coa inauguración da mostra e entrega do X Premio Internacional Atlante do Gravado, no Museo do Gravado de Artes, ás 13.00 horas do derradeiro día; ou deportivo, coas rutas en veleiro pola ría de Arousa previstas para o 13 baixo o nome de Riveira no Camiño con catro saídas programadas para as 11.00, 12.30, 17.00 e 18.30 horas, dentro do programa O teu Xacobeo do Xacobeo 2021.

A propia parroquia de Santa Uxía leva a cabo, entre outras actividades, as exposicións Mundo en feminino e Soñando un futuro, ambas organizadas por Mans Unidas, ademais de conferencias, concertos e a Misa solemne do xoves 12, ás 12.00 horas, cantada pola Coral do Círculo Mercantil e Industrial de Ribeira coa posterior procesión. Para aquelas persoas que non poden asistir pola mañá, ofíciase Mmsa novamente pola tarde, ás 20.30 horas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...