Dous proxectos de Arousa finalistas nos premios Economía Azul

27 Setembro 2019
Presentación dos Premios Economía Azul, segunda edición

20190927 Hoxe presentouse en Vilaxoán (Vilagarcía) a segunda edición dos premios Economía Azul, destinados a distinguir e visualizar os proxectos sustentábeis das zonas pesqueiras galegas. A nova edición do certame, que foi dado a coñecer pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, vén cunha nova categoría que distingue a economía circular no litoral. Esta categoría súmase ás de apoio á pesca costeira artesanal, creación de emprego no sector pesqueiro e marítimo, diversificación e innovación local. Para a elección dos proxectos gañadores por cada unha das ditas modalidades haberá unha votación pública aberta, a partir do primeiro de outubro en https://galp.xunta.gal/. Entre os finalistas, como se pode comprobar, hai dúas propostas con orixe na ría de Arousa.

Na devandita web cada internauta poderá votar unha das iniciativas dos finalistas de cada unha das cinco categorías. O prazo estará aberto até o 20 de outubro. Os proxectos con máis votos anunciaranse o 25 de outubro, nunha gala que se celebrará na Cidade da Cultura en Santiago.

Susana Rodríguez lembrou que os recoñecementos van dirixidos ás entidades e persoas promotoras de proxectos subvencionados ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo dos GALP (Grupos de Acción Local Pesqueira).

A directora xeral tamén deu a coñecer o nomes e obxectivos dos proxectos finalistas para esta segunda edición, entre os que se atopan varias iniciativas que nos tocan de preto en Barbanza, incluída a proposta para crear mallas degradábeis para mexillóns achegada por Ecoplas Barbanza, do GALP Ría de Arousa, un dos grupos de acción local pesqueira máis activos en innovación e sustentabilidade, como destacou a directora xeral. O GALP Ría de Arousa inclúe os concellos de Boiro, Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribadumia, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Os proxectos finalistas desta segunda edición son:

Premio para o mellor proxecto de Apoio á pesca costeira artesanal

1/ Do mar á mesa: Depuración e punto de venda. Confraría de Pescadores de Cedeira. (GALP A Mariña – Ortegal).

2/ Comercialización sustentable mediante a mellora da xestión da trazabilidade. Confraría de Pescadores de Noia. (GALP Costa Sostible).

3/ Deseño e desenvolvemento dun protocolo de co-xestión entre as confrarías de Muros e Noia para a mellora de aproveitamento dos recursos marisqueiros. (GALP Costa Sostible).

Premio para o mellor proxecto de creación de emprego:

1/ Centro de Elaboración e Transformación de produtos do mar’ Mariscos Antón Fernández, S.L. (GALP Costa Sostible).

2/ Ampliación de Local e Mellora dos Medios Técnicos. Nordés Velería S.L. (GALP Ría de Pontevedra).

3/ Albergue Estela do Mar. Estela do Mar Sociedade Cooperativa Galega. (GALP Ría de Vigo-A Guarda).

Premio para o mellor proxecto de diversificación

1/ Obras de Restauración do Dique da Cabana e a súa contorna. Concello de Ferrol. (GALP Golfo Ártabro Norte).

2/ Mar da Morosa Artesáns do Peixe. Javier Beiro Rebollido. (GALP Costa Sostible).

3/ A Guarda, Mar de Sal: Posta en valor das salinas romanas do Seixal e Camposancos como recurso patrimonial e turístico. Concello de A Guarda. (GALP Ría de Vigo-A Guarda).

Premio para o Mellor Proxecto de Innovación local

1/ Augas Santas cervexa artesá da Mariña. Mª Jimena Iriarte Moreno. (GALP A Mariña-Ortegal).

2/ Planta de produción de aceite de microalgas. CarbioTech S.L.U. (GALP Costa da Morte).

3/ Mellora económica e diversificación e innovación en produtos da pesca local para interese colectivo. Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados. (GALP Ría de Arousa).

Premio para o Mellor Proxecto de Economía Circular

1/ Persoas Diversas + Confrarías = Economía Circular. ASPABER (Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños). (GALP Costa da Morte).

2/ Taller de Sensibilización Medioambiental da Costa da Morte. Asociación de Redeiras Artesás Illa da Estrela. (GALP Costa da Morte).

3/ Produción de Mallas Protectoras biodegradables para o cultivo de mexillón. Ecoplas Barbanza S.L. (GALP Ría de Arousa).

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...