Dez persoas formáronse como monitor de comedor de escola na Pobra

23 Setembro 2019

20190923. Esta mañá procedeuse á entrega de diplomas do curso de ‘Monitor/a de Comedor Escolar’ organizado pola Asociación Amicos en colaboración co Concello da Pobra do Caramiñal e co CAD (Centro Atención á Discapacidade) pobrense. Esta acción formativa está financiada pola Obra Social ‘la Caixa’ e polo Fondo Social Europeo, enmarcándose no programa de emprego que se leva a cabo desde Amicos co obxectivo de mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade.

Nesta ocasión, un total de dez alumnos remataron a acción formativa destinada a adquirir as competencias básicas para poder desempeñar acompañamento e coidado de alumnado, resolución de conflitos, educación nutricional e para a saúde, así como conseguir un funcionamento correcto destas colectividades.

O acto de entrega estivo presidido pola concelleira de Servizos Sociais pobrense, Estefanía Ramos; a directora de CaixaBank na Pobra, María del Pilar García García; a directora do CAD, Julia Rial Fondo; e o director xeral de Amicos, Xoán España.

Xoán España indicou que unha das participantes xa se atopa traballando, pois “estes programas teñen un índice de inserción bastante alto.” Ademais, manifestou que agarda que esta acción se prolongue no tempo, xa que “creo que pode ser un camiño para xerar un itinerario de futuro de cara a posible inserción laboral.”

Pola súa parte, Pilar García sinalou que con isto preténdese “a integración social, laboral, e que mellor ferramenta para integrarse que ter un traballo.”

Na súa intervención, a edil Estefanía Ramos expresou o seu agradecemento ás entidades presentes e felicitou aos participantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.