Detidos dous individuos de Ribeira por tráfico de drogas

06 Setembro 2019
Cedida pola Policía Nacional

20190906. Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira procederon á detención de dous individuos de 26 e 47 anos respectivamente, naturais desa localidade, como presuntos autores dun delito contra a Saúde Pública na súa modalidade de tráfico de drogas e outro de desobediencia.

Os axentes atopábanse no marco dunha investigación por tráfico de drogas, realizando vixilancias e seguimentos en torno a un dos detidos, xa que tiñan constancia de que este retomara o negocio ilícito de venta de sustancias estupefacientes, unha vez recobrada a súa liberdade tras ser detido meses atrás polo mesmo motivo e enviado a prisión provisional.

Despois de ser localizado circulando a bordo dun vehículo conducido polo detido de maior idade, os axentes procederon a darlles o alto, usando para dito fin os medios luminosos e acústicos do vehículo policial, facendo caso omiso ás indicacións dos actuantes e dándose á fuga. Tal circunstancia comunicouse a outras dotacións policiais e, momentos máis tarde, foron interceptados por outra dotación e, unha vez parados, o principal investigado deuse á fuga a pé, podendo ser interceptado tras unha breve persecución.

Tras isto, procedeuse á identificación, cacheo e detención de ambos, intervíndolles 19 bolsiñas termosalladas de cocaína, tres teléfonos móbiles, 1425 euros en efectivo en billetes de diverso valor, 2 navallas e o vehículo.

A un dos detidos cónstanlle antecedentes policiais por feitos similares, sendo postos a disposición da Autoridade Xudicial.

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...