Deputación e Concello financiarán as obras da piscina municipal de Boiro

27 Setembro 2019

20190927. A Deputación da Coruña cofinanciará as obras de reparación da cuberta da piscina municipal de Boiro. Deste xeito, a institución provincial investirá 67.768 euros, o 80% do total do orzamento da intervención, mentres que o Concello de Boiro achegará o 20% restante con fondos propios, segundo se estipula no convenio aprobado hoxe por unanimidade no pleno da Deputación.

As obras teñen dous obxectivos fundamentais que consisten na eliminación da totalidade das filtracións de auga que existen na zona de acceso á piscina, garantindo a seguridade dos usuarios da instalación; e na renovación dos falsos teitos, tanto do acceso coma no vaso da piscina, que se atopan nunha situación importante de deterioro, con risco de desprendemento.

Para eliminar as filtracións de auga do exterior, executarase unha cuberta sobre unha estrutura auxiliar, cunha pequena pendente que axude á eliminación da auga de choiva. Unha vez instalada esta cuberta inclinada, repoñeranse os illantes térmicos e procederase á substitución total do falso teito por un novo de láminas de aluminio.

Tamén se renovará o falso teito da zona do vaso da piscina, de láminas de escaiola, por unha nova estrutura de láminas de aluminio lacado e estrutura de soporte de aluminio moito máis axeitado para a resistencia en ambientes de alta saturación de humidade -superior ao 75%- e alto contido en cloro.

Ambas actuacións completaranse coa instalación dun novo sistema de iluminación, con luminarias incorporadas no falso teito de tipo LED, o que axudará a mellorar a eficiencia enerxética do espazo.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.