Conclúen as obras de humanización da ribeirense rúa de Lugo

06 Setembro 2019

20190906. A falla dos últimos axustes, acaban de concluír as obras de humanización da céntrica rúa de Lugo e a empresa adxudicataria vén de focalizar os seus traballos na rúa Rosalía de Castro, veciña da anterior, ambas vías situadas na cidade de Ribeira.

Deste xeito, o tramo da rúa de Lugo que transita entre a praza do Concello e a rúa Cristóbal Colón xa conta cunha plataforma única que serve para mellorar a accesibilidade na zona de actuación, segundo manifestan desde o Concello. A tal efecto o aglomerado da calzada foi substituído por un pavimento de formigón semipulido intercalado con franxas transversais formadas por lousas de granito de dimensións 60x40x8 centímetros, en tanto que as beirarrúas foron construídas con granito silvestre de 60x40x4. Están pendentes algúns detalles coma, por exemplo, a colocación de árbores ornamentais.

A empresa Xestión Ambiental de Contratas, S.L. é a encargada de executar esta actuación que, sumada a que se vai facer en Rosalía de Castro coas mesmas características -no tramo comprendido entre a rúa Marcial del Adalid e a antiga Sanyg-, comporta un investimento total de 163.298 euros, IVE incluído.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.