Comezan na Pobra as festas do Nazareno

13 Setembro 2019

20190913. A Pobra do Caramiñal afronta a partir de hoxe catro días de festexos repletos dunha programación variada e para tódolos públicos. Hoxe, ás 12.00 horas, 21 bombas de palenque anunciarán o comezo ao tempo que fan entrada na vila o grupo de gaitas Xiada e a Banda de Música Cultural de Vilanova, a cal ofrecerá dous concertos nos xardíns previstos para as 13.00 e 20.00 horas. Os máis pequenos desfrutarán, a partir das 16.00 horas, na praza Alcalde Segundo Durán do gran parque infantil Pueblalandia, onde haberá toro mecánico, Toy Story, castelo de princesas, tobogán xigante, pista americana, futbolín humano e festa da escuma multicolor. Ás 21.15 horas, os pasarrúas guiarán á xente ata o Concello desde o que se procederá á lectura do pregón a cargo do colectivo de xubiladas e xubilados do municipio. A noite será amenizada pola orquestra Noche de Estrellas, ás 22.00 horas, e o concerto de Moito!, ás 23.30 horas.

A xornada de mañá, sábado 14, arrancará co lanzamento de 21 bombas de palenque, ás 09.30 horas, para dar paso unha hora máis tarde á entrada na vila do grupo de gaitas Xiada, O Son do Pote, cornetas e tambores da Banda de Ferrol e Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas –con 80 compoñentes-. Ambas bandas trasladaranse aos xardíns para ofrecer dous concertos ás 12.30 e ás 19.30 horas. Ao mediodía, os pasarrúas encherán os diversos emprazamentos de son. Xa na tarde, ás 16.00 horas, o tren Po-Pop percorrerá as rúas pobrenses e, ás 21.15 horas, haberá pasarrúas de despedida desde o Concello ata o Castelo das agrupacións que actuaron ao longo do día. As orquestras Triunfo e La Torre asumirán a tarefa de pór a todo o mundo a bailar a partir das 22.00 horas.

E o domingo 15 chega a xornada grande destas celebracións. Ás 09.00 horas, 21 bombas de palenque indicarán o inicio e entrarán na vila a Banda de Música Ateneo Musical da Pobra, A Carballeira, Xiada e O Son do Pote. Ás 10.30 horas, sairá da igrexa do Castelo a tradicional e popular Procesión Votiva das Mortaxas, declarada de Interese Turístico Galego, acompañada das autoridades e agrupacións citadas anteriormente, así como de persoas procedentes de distintos puntos da xeografía galega e, incluso, de fóra. Unha vez remate o percorrido procederase a oficiar a Misa cantada. Ao mediodía haberá concertos que marquen o ritmo diúrno. Pola tarde, terán lugar a actuación de Xilbarbeira nos xardíns (ás 18.30 horas), os pasarrúas a cargo de O Son do Pote (ás 19.00 horas) e o concerto nos xardíns da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra (ás 20.00 horas). A gran verbena empezará, ás 21.30 horas, coas orquestras Compostela e Nevada.

Os festexos continuarán o luns 16, coincidindo coa derradeira das xornadas.

Outros artigos

A Pobra do Caramiñal acolle este sábado a I Regata Remo de Mar Mecalsa

A praia dos Areos acollerá este sábado, 18 de xullo, a I Regata Remo de Mar Mecalsa, unha cita organizada polo Club Remo da Pobra e a Federación Galega de Remo que reunirá deportistas das categorías alevín, infantil e cadete nas modalidades C1X e C2X.  A xornada dará...

+

A Curota énchese de bandeiras galegas nunha caravana patriótica

A Asemblea Intercomarcal de Mulleres do BNG Barbanza–Muros Noia organizou este domingo 13 de xullo pola mañá unha caravana patriótica que partiu ás 11.30 horas desde A Pobra do Caramiñal con destino ao miradoiro da Curota, dentro da programación de actividades previas...

+

A praia de Cabío converteuse nunha aula ambiental

A praia coñecida como Cabío acolleu este venres 10 de xullo unha actividade ambiental organizada polo Concello da Pobra do Caramiñal dentro da programación vinculada á Bandeira Azul deste areal. Desenvolvida pola asociación de educación ambiental Amabul, a Xincana...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.