Cincuenta alumnos do Grip Surf School de Corrubedo acudirán ao Pantín Classic

05 Setembro 2019

20190905. Un grupo de alumnos do Grip Surf School asistirá por cuarta vez ao Pantín Classic. Deste xeito, na xornada do sábado, cincuenta cativos terán a ocasión de familiarizarse coa nomeada competición acudindo a unha das citas máis prestixiosas de Europa. Así o deron a coñecer Álex Sebastián, representante da citada escola; Chema Fernández, principal patrocinador e propietario de Jael Joyería en Santiago e A Coruña; e a primeira tenente de alcalde, María Sampedro.

Álex Sebastián expresou o seu agradecemento polo patrocinio tanto de Jael Joyería coma de Tag Heuer, así como a colaboración do Concello, que ofreceu apoio loxístico sufragando o desprazamento a un “campionato QS/10000, que quere dicir que é a segunda división de surf, o máis potente e veñen os mellores surfistas de todo o mundo a participar.” Polo tanto, manifestou que é unha boa oportunidade para que a rapazada coñeza a competición, inseríndoos neste eido.

Pola súa parte, Chema Fernández precisou que desde a súa empresa fomentan “o deporte base e, sobre todo, deportes que son menos visibles”, impulsando a ximnasia rítmica ou o surf, entre outros. Ademais, indicou que colaboran con todo o equipo de Grip Surf School porque “desde o principio tiñan un apoio moi grande deica os nenos, preocupábanse moito de ensinarlles o que é o mar, os perigos do mar, como se deben comportar”, salientando o seu labor ecolóxico mediante a limpeza de areais. Tamén anunciou que os rapaces terán a ocasión de manter un encontro con Clyde Martin, lenda deste deporte e directivo no sindicato mundial de surfistas, e participarán nun clinic impartido por un surfista profesional participante no Pantín Classic, cuxa identidade está sen concretar dependendo do calendario deportivo.

Na súa intervención, a edil María Sampedro subliñou que desde o Concello seguirán colaborando e apoiando accións que contribúan a educar en valores ás crianzas, fomentando o deporte base e os deportes náuticos.

Outros artigos

Lecer na Ribeira presenta as propostas culturais para o verán

Este luns 23 de xuño presentouse en Santa Uxía a programación cultural do verán, baixo a denominación Lecer na Ribeira, que engloba todas as accións da época estival, dende esta derradeira fin de semana do mes de xuño ata a primeira quincena setembro. Na presentación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.