Boiro acolle teatro para nenos e a presentación do novo libro de Xavier Aboy

09 Setembro 2019

20190909

O Concello de Boiro vai achegar á cidadanía, esta segunda semana de setembro, un completo programa de actividades culturais. O programa comeza este 13 de setembro, coa representación do contacontos Noa no espello, unha actividade de Sarabela Teatro abeirada ao programa da Biblioteca Municipal Ler conta moito. A cita, moi indicada para cativas e cativos de entre 4 e 11 anos, será na biblioteca ás 20.00 horas. A obra conta a historia de tres personaxes que teñen que enfrontarse ao reto común de facer fronte ás críticas alleas, poñendo en xogo recursos para superalas do mellor xeito posíbel.

A seguinte actividade cultural do Concello esta semana é o espectáculo A Carteira de Augasclaras, tamén na Biblioteca Municipal en horario de 12.00 horas. A cita será o 14 de setembro e insírese tamén no programa Ler Conta moito. Trátase dunha contribución teatral de Carmen Domenech, axeitada para nenas e nenos de entre 4 e 11 anos. O fío temático de A Carteira de Augasclaras non é outro que a igualdade entre mulleres e homes, unha das cuestións máis relevantes do noso tempo e que, no caso concreto desta obra, será personificado polo día a día do personaxe que se encarga de repartir as cartas nunha biblioteca.

O programa destes días remata coa presentación de Los escritos quebrados del Úrkalo, do rianxeiro Xavier Aboy Losada, o sábado 14 ás 20.00 horas no salón de actos do Centro Social de Boiro. Trátase dunha obra multidisciplinar que xunta, nunha única e relevante contribución, todo tipo de formatos e propostas (poesía, letra para música, fotografías) para ofrecer unha visión de conxunto que é, en si mesma, o plano do gran edificio autodidacta do autor: unha folla de ruta cara a esperanza.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.