Axudas para o alumnado rianxeiro no presente curso

13 Setembro 2019

20190913. O Concello de Rianxo convoca axudas destinadas á adquisición de libros de texto, material escolar, roupa e equipamento deportivo para o alumnado de educación infantil e educación primaria e secundaria no curso escolar 2019-2020.

Deste xeito, os escolares de infantil poderán acceder ás achegas de libros de texto –agás os que non se correspondan con materias obrigatorias-, material, roupa e equipamento deportivo. Os estudantes de ensino primario e secundario obrigatorio teñen dereito a axudas de material escolar –sempre e cando se acredite que a Consellería de Educación non sufragou a totalidade do gasto realizado-, roupa e equipamento deportivo.

Así, a contía máxima nos libros de texto é do 75% da factura presentada e no material escolar establécese en 50 euros, mentres que en roupa e equipamento deportivo estipúlase en 75 euros.

Os requisitos para percibir estas achegas son alumnado que dispoñan na súa unidade familiar de rendas inferiores ao 1’5 do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), familias con residencia e empadroamento real e efectivo no concello rianxeiro, así como matrícula realizada nun centro de ensino do municipio.

Os documentos pódense presentar na sede electrónica do Concello de Rianxo ou no Rexistro Xeral, de luns a venres. O prazo de solicitude é de vinte días naturais contados a partir da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) número 172 do 11 de setembro de 2019.

Os interesados poden descargar os documentos da páxina web www.concelloderianxo.gal ou solicitar máis información no enderezo https://sede.concelloderianxo.gal, nos Servizos Sociais Comunitarios Básicos e no Rexistro Xeral.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.