As oficinas de turismo de Ribeira contabilizaron máis de oito mil consultas neste verán

26 Setembro 2019

20190926. Unha vez rematada a época estival, os catro centros de recepción de visitantes de carácter turístico existentes no municipio de Ribeira fixeron balance das visitas contabilizadas. Así, as oficinas situadas no Malecón, Xarás, parque periurbano de San Roque e Centro de Interpretación do Ecosistema Litoral de Galicia (CIELGA) arroxaron unha cifra global de 8.172 consultas.

Cómpre destacar que a Casa da Costa do CIELGA sumou durante os meses de xullo e agosto un total de 3.491 consultas -1.315 e 2.176, respectivamente-.

En canto aos puntos de información turística dependentes do Concello -Malecón, Xarás e San Roque-, acadaron un total de 4.681 consultas no período comprendido desde o 15 de xuño ao 15 de setembro.

Ademais, estes datos correspóndense con consultas de visitantes atendidas por persoal de distintos centros, polo que, desde o Concello sinalan, “non equivalen ás moitísimas persoas que, de xeito autoguiado e sen estar contabilizadas, acudiron a lugares de interese como o citado complexo dunar ou outros enclaves como o parque periurbano de San Roque, o miradoiro de Pedra da Ra ou o Castro da Cidá.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...