As Illas Atlánticas participarán nun proxecto de caracterización de lixo mariño con drons nas costas europeas

22 Setembro 2019

20190921.- O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia foi seleccionado como un dos escenarios nos que se levará a cabo o proxecto europeo LitterDrone, unha iniciativa de referencia en materia de lixo mariño e contaminación, no que se empregarán vehículos aéreos non tripulados equipados con cámaras de alta resolución (drons).

Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, participou na xornada de presentación da campaña EUBeachCleanUp, promovida pola Unión Europea, para fomentar a protección dos mares, océanos e costas a través innovación, voluntariado, concienciación e divulgación, entre as que se recolle esta iniciativa. Destacou que LitterDrone permitirá detectar con maior facilidade os puntos de acumulación de lixo na costa e a composición da mesma, o que facilita o deseño de actuacións de prevención e mitigación máis precisas e eficientes. 
A responsable da Xunta lembrou que desde o Parque Nacional xa se está a actuar neste sentido e, o pasado ano, impulsouse o proxecto da Rede para a recuperación dos ecosistemas mariños no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, que recollía un amplo programa de actividades encamiñadas a paliar este problema nas illas de Sálvora, Cíes, Cortegada e Ons para sensibilizar sobre a problemática dos plásticos e tamén levar a cabo pequenas accións para eliminar o lixo mariño no entorno do parque nacional. 
Esta iniciativa implicou a realización dun estudo previo que permitiu analizar e caracterizar os residuos mariños da contorna das Illas de Cortegada, Cíes, Sálvora e Ons a partir dos máis de 2.000 elementos clasificados como lixo nesta zona. Explicou que unha das grandes ameazas dos mares son os plásticos, polo que é necesario unir e coordinar sinerxías a todos os niveis da sociedade para sensibilizar á poboación sobre o problema dos plásticos, xa que non é unha cuestión menor; pois -se non mudamos os nosos hábitos- nun futuro moi próximo haberá máis plástico que peixes no mar.  A Xunta marcouse como meta reducir o consumo de bolsas de plástico lixeiro non biodegradable no horizonte 2025.

Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Outros artigos

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

O presidente que non o foi de España porque non quixo - a realidade foi que os votos a prol acadados nas eleccións xerais do país en cuestión non foron dabondo para que sí poidera selo e o segundo na listaxe de candidatos soubo gañarse a confianza da maioría...

+

Xoves 6, sol e suba da temperatura

Durante o xoves Galicia queda na influencia das altas presións con réxime de ventos do nordés. Con esta situación comezaremos a xornada con ceos parcialmente cubertos, con orballos no extremo norte e co avance do día as nubes iranse retirando en xeral, permanecendo as...

+

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.