Arte, filmes e literatura ao longo da vindeira semana en Rianxo

19 Setembro 2019

20190919. O municipio de Rianxo será escenario durante a próxima semana de multitude de actividades de diversa índole e para diferentes públicos. Así, a veciñanza e visitantes poderán percorrer o mundo artístico, audiovisual e literario.

Pero xa esta semana comezou a mostra do XIII Premio Internacional de Arte Gráfica ‘Jesús Núñez, ano 2018, promovido pola Deputación da Coruña. A exposición está dispoñible no Auditorio ata o 1 de outubro.

Do mércores 25 ao sábado 28, desenvolverase o Ciclo de Cine Euroárabe AMAL en ruta, unha versión resumida da Semana do Cine Euroárabe AMAL 2018, celebrada en outubro do pasado ano en Santiago de Compostela. Este evento, organizado en colaboración coa Fundación Araguaney-Puente de Culturas, percorre o cine árabe actual. Os filmes a proxectar serán Alma Máter, de Philippe Van Leeuw -o mércores 25, ás 21.00 horas-; Zagros, de Sahim Omar Kalifa -o xoves 26, ás 21.00 horas-; Of fathers and sons, de Talal Derki -o venres 27, ás 20.30 horas-; Sheikh Jackson, de Amra Salama -o venres 27, ás 22.30 horas-; Ghost Hunting, de Talal Derki -o sábado 28, ás 20.30 horas-; e El Cairo confidencial, de Tarik Saleh -o sábado 28, ás 22.30 horas-. As entradas son de balde e ata completar a capacidade da sala Arcos Moldes do Auditorio municipal, desde unha hora antes das sesións.

O sábado 28 terá lugar na Biblioteca Pública Municipal Castelao, ás 12.00 horas, o espectáculo Kenka un Kenko, o cal mestura contos, retrousos, adiviñas, literatura infantil, tradición oral e música en directo. Esta proposta, que está dirixida a crianzas de entre 6 meses e 4 anos de idade, corre a cargo de Cris de Caldas e enmárcase dentro do programa Ler conta moito.

Ademais, o salón de actos do Auditorio acollerá na xornada do sábado 28, ás 19.00 horas, a presentación do libro El vals de las hormigas, de Ana Valín.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.