Arrancan as festas patronais de Santa Uxía

11 Setembro 2019

20190911. Os festexos de Santa Uxía dan hoxe o pistoletazo de saída a catro xornadas de celebracións. A cidade de Ribeira volve encherse así de entretemento, sen esquecer o carácter devoto, despois das festas propias do verán, do 31 de xullo ao 4 de agosto, e de Artemar, do 15 ao 18 de agosto.

Ás 21.15 horas deste mércores terá lugar na igrexa parroquial o concerto de música sacra a cargo de Ange-Patrick Duhy; mentres que, a partir das 22.30 horas, desenvolverase a actuación da orquestra Panorama no paseo do Malecón, con segundo pase ás 00.30 horas.

Mañá, xoves 12, festivo local, levarase a cabo parte do groso de actividades. Así, as bombas de palenque anunciarán o comezo do día, ás 10.00 horas, para media hora máis tarde, dar paso ás ruadas. Ás 12.00 horas, oficiarase a Misa solemne na honra de Santa Uxía cantada pola Coral do Círculo Mercantil e Industrial de Ribeira coa posterior procesión acompañada da Banda de Música OJE de Ferrol e as Cantareiras da Asociación Amas de Casa de Ribeira. Para aquelas persoas que non poidan asistir á mañá, oficiarase Misa novamente pola tarde, ás 20.30 horas. Cara ao mediodía, ás 13.15 horas, o adro servirá de escenario para a actuación da Banda de Música OJE de Ferrol. Tamén haberá xogos para os máis pequenos da casa co parque de inchables disposto na Porta do Sol desde as 16.00 ata as 19.00 horas e co espectáculo Viravolta: a maleta de Don Attilio no mesmo emprazamento. Finalmente, a noite será amenizada, a partir das 22.15 horas, polo concerto de Queiman e Pousa: Un verso, un cantar no paseo do Malecón.

Outros artigos

Comeza este venres a “LXXVII Festa da Dorna” 2025

O municipio de Ribeira acollerá desde o 18 ao 24 de xullo unha nova edición da Festa da Dorna. As dornas forman parte da vida cotiá dos veciños do municipio ribeirense que manteñen viva a tradición por esta embarcación de pesca, tal é a importancia e representación...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Y el PP noiés, silbando a la luna”. Juan Salgado

“Y el PP noiés, silbando a la luna”. Juan Salgado

Porque, como enseñan los manuales de este viejo oficio, los argumentos esconveniente situarlos en su debido contexto histórico, no puede menos el cronista quealudir a un certero artículo de opinión publicado en febrero de 2002 en un periódicoprovincial de amplia...

“Perdidos” – Xulio Xiz

“Perdidos” – Xulio Xiz

Véuseme á mente a serie Perdidos, que mestura unha especial visión do futuro con misterio, violencia, e aventuras nunha illa deserta. Despois de varias tempadas, como se fose unha provocación á imaxinación, todo queda no aire, os misterios non se aclaran por moito que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.