Amas de Casa e Asociación de Empresarios de Ribeira unen forzas

19 Setembro 2019
Cedida por Asociación de Amas de Casa de Ribeira

20190919. O colectivo de Amas de Casa e a Asociación de Empresarios de Ribeira asinaron un convenio enfocado no fomento, colaboración e divulgación do comercio local do citado municipio. Trátase do primeiro acordo deste tipo rubricado entre ambas entidades, o cal beneficiará a tódalas partes implicadas segundo manifestaron.

Deste xeito, as socias das Amas de Casa desfrutarán, exceptuando na época de rebaixas, de descontos e promocións por parte dos establecementos adheridos a este documento, os cales estipularán estas ofertas. Ademais, as asociadas terán unha bonificación no aparcamento subterráneo co obxectivo de facilitar as compras.

Así mesmo, a entidade das Amas de Casa presentou o novo carné de socia, en tamaño tarxeta e de PVC, onde constarán os datos persoais. Para a súa solicitude, é preciso pasar pola sede situada en Ribeira, na rúa Monumento 5 Entreplanta. Desta maneira, a nomeada tarxeta deberá ir acompañada do DNI no momento de realizar as compras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.