Aberto o prazo de preinscrición no Grupo Municipal Infantil de Teatro ribeirense

16 Setembro 2019

20190916. Hoxe, luns 16, abre o prazo de preinscrición no Grupo Municipal Infantil de Teatro de Ribeira. Esta escola está dirixida a nenas e nenos de entre 7 e 12 anos de idade.

Cómpre lembrar que se retomou o ano pasado baixo a dirección do profesor Óscar Romero co obxectivo de ofrecer aos máis cativos unha oportunidade de espertar as súas aptitudes artísticas, creativas e sociais a través dunha educación teatral temperá.

O inicio das clases está previsto para o 9 de outubro e o remate para o 31 de maio de 2020. Terán lugar no salón de actos do Auditorio municipal, os mércores de 18.30 a 20.00 horas. Unha das principais accións que se realizarán no curso será a de preparar unha representación de cara á Mostra de Teatro Infantil no mes de maio.

O presente prazo de preinscrición abrangue desde o 16 de setembro ata o 2 de outubro coa finalidade de coñecer a previsión de participantes, establecendo un mínimo de 10 para desempeñar a actividade e un máximo de 20. A tal efecto, os interesados poden achegarse ao Centro Cultural Lustres Rivas, enviar un correo electrónico a culturaefestexos@riveira.com ou chamar ao teléfono 981835650.

De haber quórum, a formalización da matrícula terá lugar do 7 ao 31 de outubro, cun único prezo de 127’92 euros, podendo recoller o correspondente impreso no Centro Cultural Lustres Rivas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.