Aberto o prazo de inscrición para a UNED Senior 2019-2020 en Rianxo

25 Setembro 2019

20190925. O Concello de Rianxo vén de abrir o prazo de inscrición para o primeiro cuadrimestre do curso 2019-2020 da UNED Senior que terá lugar desde outubro de 2019 a xaneiro de 2020.

As materias que se impartirán serán historia e narración oral para a Internet; iniciación aos teléfonos intelixentes e tablets; iniciación á informática e á Internet; cociñando para alimentarse ben; e nivel intermedio de práctica instrumental de gaita e percusión.

Esta formación contará con dúas horas semanais e un prezo establecido en 50 euros. Ademais, as persoas maiores de 50 anos e o alumnado de nova incorporación teñen preferencia na realización destas actividades.

A data de inscrición remata o 4 de outubro. Os interesados poden solicitar máis información e formalizar a súa matrícula no Auditorio municipal ou no enderezo electrónico unedsenior@concelloderianxo.gal. De producirse máis anotacións que prazas ofertadas, procederase ao sorteo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.