Aberta a convocatoria do XI Premio Internacional Atlante de Gravado

20 Setembro 2019

20190920. A Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital vén de abrir a convocatoria do XI Premio Internacional Atlante de Gravado, na súa edición do 2019. O prazo para a presentación de traballos estenderase ata o 31 de maio de 2020.

Nas bases figuran, entre outros, que poderán participar tódolos artistas nacionais e estranxeiros que o desexen; as obras deberán estar executadas en calquera dos sistemas e técnicas gráficas, incluídos os procedementos dixitais e electrográficos, que considere conveniente o artista; admitiranse como máximo dúas obras por autor; o tamaño do papel será de 38 cm x 28 cm; o artista poderá utilizar as tintas e matrices que estime conveniente para estampar os orixinais; e os gravados serán inéditos e sen ser editados nin numerados.

Os galardóns outorgados supoñen a edición das obras premiadas en 25 exemplares e a súa entrega á Fundación Museo de Artes. Así, establécense o Premio Ramiro Carregal de Gravado de 5000 euros, tres premios dotados con 2500 euros cada un e outro premio especial Pedras de Santiago, de 2000 euros, para un artista nacido ou residente en Galicia.

Ademais, os traballos seleccionados exporanse nunha das salas do Museo de Artes. Así mesmo, o xurado estará composto por cinco personalidadea do mundo da arte, e a súa decisión será inapelable, sendo emitido o seu veredicto nun máximo de dous meses desde a finalización do prazo de entrega das obras. Concretamente, os encargados de ditaminar os gañadores serán Manuel Ayaso, pintor e gravador; José Daniel Buján, director da Biblioteca de Galicia; Alfonso Costa, pintor e gravador; Carmen Hermo, doutora en Belas Artes e gravadora; Juan Monterroso Montero, decano da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela; José Manuel López Vázquez, catedrático da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela; e Isabel Pintado, gravadora e docente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.