A Xunta reclama os 700 millóns de euros que corresponden a Galicia do Goberno central

03 Setembro 2019

20190903. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presentaron un informe encargado á Asesoría Xurídica da Xunta, para aclarar se o Goberno central, pese a estar en funcións, ten que cumprir coas súas obrigas co financiamento autonómico e facer efectivas ás entregas a conta deste ano.

Alfonso Rueda avanzou que a conclusión do informe dos avogados da Xunta sinala que o sistema de financiamento autonómico “debe ser cumprido polo Goberno estatal con independencia de que estea ou non en funcións.” O vicepresidente da Xunta aclarou que o Goberno galego actuou neste caso “con transparencia, rigor e seriedade” sen tirar conclusións antes de ter e coñecer o informe. Nesta liña, destacou que é desta maneira como deben actuar as administracións, sobre todo cando se trata dun asunto tan importante como a entrega de 700 millóns de euros que corresponden a Galicia por parte do Goberno, unha contía que é “imprescindible” para manter o nivel de servizos públicos na comunidade.

Ao mesmo tempo, o conselleiro de Facenda destacou que Galicia afronta unha situación “inédita, urxente e sen precedentes” por mor dos impagos do Goberno. Valeriano Martínez indicou que “a Galicia se lle deben 700 millóns de euros e o único que pedimos é o que é noso”, insistindo en que se trata de recursos “que teñen que ser transferidos si ou si, non hai outra alternativa.”

Neste sentido, o titular de Facenda lembrou que a Xunta de Galicia xa puxo de manifesto este problema hai máis dun ano e que o Ministerio de Facenda comprometeuse a solucionalo. Tamén recordou que en xullo enviou unha carta á ministra urxíndolle unha solución a estes impagos, sen que o Goberno galego teña recibido resposta.

Ademais, incidiu na necesidade de que o Ministerio de Facenda convoque xa unha reunión urxente do Consello de Política Fiscal e Financeira, por ser este o órgano multilateral no que están presentes todas as comunidades autónomas. Valeriano Martínez advertiu de que este consello leva máis dun ano sen reunirse, e que Galicia -xunto a outras CC.AA.- pediu a pasada semana a súa convocatoria, sen que se teña recibido resposta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.