A veciñanza de Castiñeiras avanza na súa loita contra a depuradora de mexillón

09 Setembro 2019

20190909. Integrantes da plataforma de afectados polo proxecto de instalación da depuradora de mexillón en Castiñeiras celebraron o domingo unha nova xuntanza, na que se trataron diversas cuestións referentes a novas accións para loitar contra o inmoble que se pretende emprazar nesta parroquia ribeirense.

Deste xeito, concretouse que se entrevistarán ao longo desta semana con representantes dos grupos políticos do PSdeG-PSOE, BNG, PBBI e Suma Ribeira. Así mesmo, acordouse manter unha xuntanza co patrón maior da confraría de Ribeira, José Antonio Pérez, e o seu homólogo na confraría de Carreira-Aguiño, José Antonio Santamaría, pero estes encontros aínda están pendentes de ser definidos. Esta decisión vén dada “para saber se están informados do proxecto, que penso que si, e cal é a súa postura porque tamén lles afecta a eles”, tal e como manifestou Andrés Lijó, voceiro do colectivo. Ademais, están avanzando no proceso de reactivación da asociación veciñal A Batiola co obxectivo de facer as xestións oportunas a través desta entidade, non no nome de particulares como se viña facendo.

Agora atópanse agardando por unha comunicación por parte do Concello de Ribeira despois da reunión mantida o mércores pasado coa tenente de alcalde, María Sampedro, na cal os asistentes insistiron en falar co alcalde Manuel Ruiz. Andrés Lijó indica que, no que respecta a Portos de Galicia, solicitarán por escrito ou por vía telemática unha cita con este ente para que “un técnico nos explique alí o proxecto da depuradora.” Tamén se puxeron en contacto con Costas de Galicia, pois entenden que “aínda que sexa unha concesión de Portos, afecta a Costas” ao ser no litoral onde se pretende situar a construción.

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...