A programación das festas de Santa Uxía contará cunha ruta en veleiro pola ría de Arousa

03 Setembro 2019

20190903. Ante a gran aceptación e demanda por parte de visitantes e residentes do municipio de Ribeira en relación ás rutas en veleiro pola ría de Arousa do mes de agosto, nas que tódalas viaxes tiveron o seu aforo completo, o Concello decidiu repetir esta acción de forma excepcional o vindeiro 13 de setembro coincidindo coas festas patronais de Santa Uxía.

Deste xeito, nesa data haberá unha nova xornada de ‘Riveira no Camiño’ con catro saídas programadas para as 11.00, 12.30, 17.00 e 18.30 horas. A acción está organizada polo Concello a través da área de Turismo, que dirixe Ramón Doval, e da Xunta de Galicia dentro do programa ‘O Teu Xacobeo’ Xacobeo 2021.

Os participantes desfrutarán nesta experiencia da ocasión de navegar  pola  ruta xacobea primixenia -aquela que trouxo os restos do Apóstolo Santiago nunha barca de pedra- coñecendo de primeira man os espazos patrimoniais costeiros e o patrimonio natural da ría, que baña enclaves singulares coma a illa de Sálvora, integrante do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

O prezo desta actividade establécese en 12 euros para adultos e en 8 para cativos ata os 12 anos. Os tíckets están á venda na oficina de turismo do Malecón, tódolos días exceptuando os mércores, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.

Para solicitar máis información ou esclarecer dúbidas pódense poñer en contacto co teléfono 981873007 ou a través do enderezo electrónico turismo@riveira.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.