A mostra colectiva ‘Sensacións’ chega ao Lustres Rivas de Ribeira

05 Setembro 2019

20190905. O ribeirense Centro Cultural Lustres Rivas albergará mañá venres, ás 21.00 horas, a inauguración da exposición Sensacións. Trátase dunha mostra colectiva ofrecida pola asociación Alterarte que reúne 36 obras de preto de vinte artistas desta agrupación, combinando distintas técnicas e formatos, desde acrílicos, óleos, gravados ou acuarelas ata mixtas sobre táboa, lenzo ou papel.

A asociación Alterarte é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo a promoción das distintas manifestacións culturais e a posta en valor do patrimonio abrindo o mundo da arte ao público en xeral.

A exposición estará aberta ata o 31 de outubro, en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 21.00 horas, así como os sábados de 11.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 21.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.