A mocidade ribeirense contará novamente con alternativas de ocio no Espazo Xuvenil

18 Setembro 2019

20190918. O Espazo Xuvenil do Concello de Ribeira, que está dirixido a mocidade con idades comprendidas entre os 14 e 19 anos, reabrirá este venres, 20 de setembro, coincidindo coa semana de inicio do curso no ensino secundario. O servizo estará aberto os venres, sábados e domingos, en horario de 17.00 a 21.00 horas, no primeiro andar do edificio do mercado municipal.

Ademais de facilitar así á xuventude un lugar onde reunirse e dispoñer de alternativas de ocio -biblioteca, xogos de mesa e conexión wifi, entre outros- unha vez máis celebraranse unha serie de actividades complementarias e gratuítas coas que enriquecer a experiencia dos usuarios.

Así, Eli Ríos ofrecerá un obradoiro sobre a diversidade sexual na adolescencia o sábado, 21 de setembro, ás 18.00 horas, dentro do programa Ler conta moito.

Ademais, o artista Fernando Yáñez estará a disposición de tódolos interesados ese mesmo sábado e mais o seguinte, 28 de setembro, a partir das 19.00 horas, para conversar sobre a posibilidade de crear un colectivo artístico con sede no propio Espazo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.