A BTT de San Martiño abre este domingo o Circuíto de Carreiras Sportbike

09 Setembro 2019

20190909. O Circuíto de Carreiras Sportbike que organiza Arousa NeO comezará este domingo 15 de setembro coa BTT de San Martiño. Esta proba, que conta coa colaboración do Concello de Ribeira, foi presentada esta mañá por Eduardo Iglesias, en representación da citada entidade, e a concelleira de Deportes, Juana Brión, no entorno do campo de fútbol da Trinidade, en Oleiros, lugar de saída e meta da competición.

Precisamente, os comparecentes escolleron este emprazamento para a súa presentación porque querían salientar a importancia de preservar o medio natural. Deste xeito, logo dunha fin de semana marcada polos lumes que arderon nesta parroquia, na próxima o que haberá son ciclistas practicando a súa afección en contacto coa natureza.

Cunha distancia de 40 quilómetros e un desnivel positivo de 1.200 metros, a proba sairá ás 09.30 horas da Trinidade para completar un percorrido que transita nun 90% por pistas de terra e rueiros de aldea ata afrontar unha escalada á serra do Barbanza pola súa cara norte e entrar no val de río Sieira para volver a subir a un dos cumios máis emblemáticos da serra coma é A Curotiña.

A inscrición pode formalizarse en www.arousa.com ou www.galitiming.com, cun prezo establecido en 10 euros. Polo de momento, son máis de setenta as persoas anotadas, rematando o prazo mañá á medianoite.

Completan este circuíto a BTT de Posmarcos, na Pobra do Caramiñal, despois de que se tivese que retrasar ao 6 de outubro, e a contrarreloxo de Portosín, en Porto do Son, o 20 de outubro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.