Xadrez e fútbol como citas deportivas na fin de semana rianxeira

22 Agosto 2019

20190822. O sábado 24 Rianxo converterase, un ano máis, na capital galega do xadrez coa disputa do XI Torneo Internacional Concello de Rianxo, organizado polo Club Xadrez Rianxo coa colaboración do Servizo de Deportes.

Os máis de 200 participantes que se darán cita e a presencia de varios grandes mestres internacionais darán lugar a unha competición de altísimo nivel con máis de quince xogadores que superan os 2.000 puntos de Elo Fide. Así mesmo, a asistencia de xogadores estranxeiros reforza o carácter internacional deste evento.

Ademais, procederase ao sorteo de agasallos para as categorías de promoción, máis de 2.000 euros en premios ou lotes de Conservas Cortizo, entre outros.

Por outra banda, os tres clubs de fútbol do municipio con equipo sénior –CCD Taragoña, SD Araño e CD Unión- competirán en Vilas polo trofeo do Concello, organizado nesta edición polo CD Unión.

Os partidos terán lugar ás 19.00 horas entre SD Araño e CCD Taragoña; ás 20.00 horas entre CD Unión e perdedor 1; e ás 21.00 horas entre CD Unión e o gañador 1.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.