Volve Artemar a Ribeira

05 Agosto 2019

20180805.- Nova edición da Feira Artesanal e Mariñeira Artemar 2019 en Riveira do 15 ó 18 de Agosto.

A Praza do Concello, a Rúa de Galicia, a Rúa de Rosalía de Castro, a Rúa Santa Uxía, a Rúa Manel Lustres Rivas, o Paseo do Malecón serán os escenarios para esta nova edición .

O horario de apertura deste mercado será: Xoves 15 de agosto: de 12:00 a 15:00 e de 18:00 a 24:00 horas, o venres 16 de agosto: de 12:00 a 15:00 e de 18:00 a 24:00 horas, o sábado 17 de agosto: de 12:00 a 15:00 e de 18:00 a 24:00 horas e o domingo 18 de agosto: de 12:00 a 15:00 e de 18:00 a 24:00 horas.

Ademais dunha coidada decoración mariñeira, o mercado contará con animación teatral, pasarrúas, personaxes mariños, música, monicreques, xogos e atraccións infantís, talleres demostrativo. Información e solicitudes: info@lafraguadevulcano.es Tel. 963 400 037


  • BASES CONCURSO MELLOR TAPA DA FEIRA ARTEMAR RIVEIRA 2019
  • O Concello de Riveira, xunto coa Asociación de Empresarios e a hostalería de Riveira, con motivo da celebración de ARTEMAR RIVEIRA 2019, convocan un “Concurso da Mellor Tapa da Feira”. O produto será degustado á media mañá e á tardiña do xoves 15, venres 16, sábado 17 e domingo 18 de agosto e cun custo de 2,00 € cada tapa. Dacordo as seguintes bases:
  • PRIMEIRA.- Poderán participar neste concurso todos os establecementos de hostalería e restauración do Concello de Riveira que se adscriban a este proxecto. A inscrición nesta ruta supón a aceptación das presentes condicións de participación, así como de eventuais instrucións que adopte a organización.
  • SEGUNDA.- As tapas teñen que estar realizadas con produtos do mar e deberán servirse á media mañá e á tardiña do xoves 15, venres 16, sábado 17 e domingo 18 de agosto.
  • TERCEIRA.- Para participar neste concurso deberán inscribirse antes das 11.00 horas do día xoves 8 de agosto de 2019 nos seguintes contactos: Concello de Riveira (www.riveira.gal): Sandra Fernández. Tel.: 686 587 000 Correo electrónico: sanroqueturismo@gmail.com Asociación de Empresarios de Riveira Tel.: 981 873 719; correo@empresariosriveira.com
  • CUARTA.- Para a valoración da tapa dos distintos establecementos hostaleiros empregarase o sistema de VOTACIÓN POPULAR, os cidadáns poderán elixir a mellor tapa da hostalería a través dunha papeleta que poderán atopar no stand da Asoc. Riveira Escríbese con V e depositala nunhas urnas habilitadas ao efecto, ao longo do evento.
  • QUINTA.- Ao gañador do concurso entregaráselle un PREMIO por ser a mellor tapa da FEIRA ARTEMAR 2019. Tamén se lle fará entrega dun diploma acreditativo a todos os participantes no concurso
  • SEXTA.- A entrega do premio terá lugar nun acto público convocado ao efecto, ao que se lle dará a publicidade adecuada.
  • SEPTIMA.- O evento será publicado nas diferentes redes sociais e páxinas web. O nome dos establecementos participantes figurarán nos folletos de difusión ao público en xeral.
  • OITAVA.- A participación na devandita ruta de tapas supón a aceptación das presentes bases así como a aceptación do criterio que estableza a organización para resolver cantas cuestións se producisen durante o desenvolvemento do evento. Calquera dúbida será atendida polo Concello de Riveira

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.