Unha nova exposición amosa debuxos de Alberti e Lorca

15 Agosto 2019

20190808. A sala número 2 do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital acolle desde o 14 de agosto ao 14 de outubro a exposición A Xeración do 27. Alberti e Lorca no Museo do Gravado.

Federico García Lorca e Rafael Alberti son dous poetas fundamentais da Xeración do 27, pero ambos tamén practicaron o debuxo e a ilustración. De feito, Alberti comezou como artista plástico cando se trasladou a Madrid en 1917 e en 1922 celebrou no Ateneo madrileño a primeira exposición abstracta dun artista español. Tamén fixo cartelismo e foi coñecida a súa litografía para o coñac Osborne. Esta vocación estivo sempre moi presente na figura deste escritor e rexurdiu con especial forza durante a época do exilio. Ademais, ilustrou moitas das súas propias obras e na mostra poden contemplarse as doce augafortes orixinais que realizou para os poemas de Amor y Mar e outras doce para as series Naturaleza y toros. Outro dos seus libros ilustrados foi Sonríe China, escrito en colaboración coa súa muller María Teresa León, a quen lle ilustrou o libro de relatos Rosa-fría, patinadora de la luna.

Na exposición tamén se amosan dez litografías e un apunte para ilustrar Romancero gitano de Federico García Lorca, así como a edición da súa antoloxía Todo el mar, o cal ilustrou con vinte debuxos. Así mesmo, o seu interese polas artes plásticas estivo moi presente na súa poesía, especialmente no volume A la pintura. No seu exilio, Rafael Alberti trabou amizade en Bos Aires co pintor e poeta galego Luís Seoane, quen ilustrou con gravados en madeira o poema Sobre los ángeles.

Pola súa banda, Federico García Lorca destacou coma debuxante de raíz surrealista, realizando unha única exposición en 1927 dos seus debuxos en Dalmau, apoiado pola vangarda catalana. Tamén ilustrou algunhas obras coma Gedichte eine Jahres de Hans Gebser. Na mostra pode observase a edición de 1955 das súas Obras completas que, compiladas por Arturo del Hoyo, inclúen os seus debuxos, así como o estudo de Jean Gebser Lorca. Poète – Dessinateur que incluía trece debuxos inéditos do poeta.

Na exposición figura a edición monumental de Poeta en Nueva York ilustrada por Eduardo Naranjo, amosándose a edición bilingüe de Le poète à New-York con versión francesa de Guy Lévis Mano.

Inauguración da Exposición

Outros artigos

O ribeirense Julio Silva, protagonista dun roteiro en Santiago

Este xoves 10 de xullo, Santiago de Compostela acolleu un roteiro histórico e cultural que percorreu os pasos do ribeirense Julio Silva Vilas, destacado sindicalista, xornalista e activista republicano, asasinado polo réxime franquista en xaneiro de 1937....

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.