Unha nova edición da Andaina Popular Concello de Ribeira chega en setembro

22 Agosto 2019

20190822. A Andaina Popular Concello de Ribeira celebrará o sábado, 7 de setembro, a súa décimo sétima edición cun percorrido de 50 quilómetros co obxectivo de amosar aos participantes algúns dos enclaves máis fermosos deste termo municipal.

A concelleira de Deportes, Juana Brión, e Moncho Sampedro en representación da Asociación de Veciños de Carreira, que colabora na organización, foron os encargados de presentar no miradoiro de Pedra da Ra os detalles desta consolidada actividade, a cal é válida para a Copa Galega de Andainas de 50 quilómetros e adoita reunir cada ano ao redor de 250 participantes.

Como novidade en relación ás últimas convocatorias, o percorrido pasará pola parroquia de Corrubedo en recoñecemento á celebración de 1.100 anos de historia desde a primeira referencia escrita a este topónimo. Os camiñantes sairán, ás 09.00 horas, do complexo da Fieiteira para dirixirse ata o miradoiro da Garita, Carreiriña, praia do Castro, porto de Aguiño, peirao fenicio da Cobasa, Couso, praias do Vilar e Ladeira ata chegar ao porto e ao faro de Corrubedo. Desde alí, proseguirán pola praia de Espiñeirido, Olveira, senda fluvial do río Sanchanás, Castro da Cidá, miradoiro de Pedra da Ra, parque periurbano de San Roque e regreso ao complexo da Fieiteira.

Ademais, haberá outros tres percorridos alternativos de 20, 30 e 40 quilómetros, aproximadamente, para satisfacer a todos aqueles que consideren excesivo para as súas forzas a distancia de 50.000 metros.

En torno a 35 persoas están implicadas na organización da andaina, ademais de Policía Local e Protección Civil. Moncho Sampedro resaltou que a actividade adoita captar a atención de afeccionados chegados de numerosos puntos da xeografía galega, mentres que Juana Brión animou á veciñanza a que se anote para así desfrutar dos atractivos naturais do municipio.

As inscricións están abertas e pódense formalizar ben na páxina web do Concello www.riveira.gal ou ben accedendo directamente á plataforma www.emesports.es. O prezo é de 14 euros para as persoas federadas e 16 euros para as non federadas. A partir do 3 de setembro, o importe elevarase ata os 25 euros, o mesmo nas dúas modalidades. O límite é o xoves 5 de setembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.