Toundra e Koma, pratos fortes do festival Entrebateas

28 Agosto 2019

20190828. Diferentes grupos de renome actuarán na Pobra do Caramiñal o venres 30 e sábado 31. O motivo é a celebración do festival Entrebateas que acada xa a súa cuarta edición, consolidándose no calendario de eventos do municipio pobrense. De feito, o ano pasado contou cunha participación de en torno a 2.000 persoas ao longo de cada unha das xornadas. No acto de presentación estiveron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro; a concelleira de Cultura, Patricia Lojo; e Ricardo Boo, organizador da cita.

A edil anunciou que este ano contarán con varias novidades. A primeira é a actuación a bordo dun catamarán de Sabela King & The Heartbreakers no atardecer do venres 30, pois “é máis viable porque así a xente vai a desfrutar do concerto e, cando chega, xa se vai encontrar co resto dos concertos.” Ademais, a acampada farase no polideportivo situado na rúa Venecia para maior comodidade e contarase cun Punto Lila, emprazado ao lado da zona de merchandising, “para concienciar contra a violencia de xénero e as actitudes sexistas.”

Na súa intervención, Ricardo Boo recordou que a actividade en catamarán é a única que ten un custe, pois o resto de concertos son de balde. Deste xeito, a saída en barco está prevista para as 17.00 horas e a chegada ao redor das 20.00 horas. Percorrerase a ría de Arousa con música, ofrecendo unha degustación de comida –inclúe mexillóns, empanada e pizza- e cata de Bodegas Lodeiros. Tamén haberá barra con outras bebidas. Debido a que o límite de prazas establécese en 100 persoas, os interesados poden adquirir os tíckets a un prezo de 30 euros no establecemento hostaleiro pobrense A Cova da Vella ou reservando online a través do enderezo electrónico silenciorotolive@gmail.com. Así mesmo, anunciou que o venres actuarán Grilo, Atomic Zeros, Toundra e Aphonnic; mentres que o sábado farán o propio LDH (Los Del Humo), Strikeback, Koma e Escuela de Odio sendo “máis cañero para manter a nosa tendencia metalera dentro do festival.”

Pola súa parte, o rexedor destacou o apoio a este evento por parte do Consistorio, “cun investimento forte para o Concello e tamén toda a loxística posible que poñemos a disposición do festival.” Convidou así á veciñanza a escoitar os diversos grupos e participar na actividade en catamarán.

Unha cita imprescindible para os amantes do metal, hardcore, trash e rock.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.