Rosa Quintana visita a lonxa de Ribeira co eurodeputado Francisco Millán Mon

13 Agosto 2019

20190813. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañou hoxe ao eurodeputado e membro da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Francisco Millán Mon, na súa visita á lonxa de Ribeira, onde “puido comprobar o funcionamento deste centro de primeira venda co obxectivo de trasladar a Europa a realidade da pesca galega.”

A titular de Mar e o europarlamentario galego mantiveron un encontro tanto co xerente da lonxa como co patrón maior de Ribeira e presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores para abordar a reforma do regulamento de control pesqueiro proposto pola Comisión Europea e que quedou pendente de tramitación na Eurocámara ao rematar a lexislatura.

A visita serviu para abordar cuestións como a regulación da declaración de desembarque, o diario electrónico de a bordo ou o pesado das capturas, así como comprobar en directo o xeito no que se realizan as operacións de desembarque, manipulación e venda do peixe. Este encontro supón dar continuidade á estadía o pasado xullo na lonxa de Ribeira dunha representante da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Unión Europea (UE) na que o sector lle trasladou a súa demanda dun novo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) que financie o cambio dos motores e a modernización da frota pesqueira. De feito, Rosa Quintana e Francisco Millán Mon insistiron hoxe na necesidade desta medida e incidiron na importancia de mellorar as condicións de habitabilidade e seguridade a bordo para asegurar o relevo xeracional no sector pesqueiro galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.