Ribeira e Pobra cobran protagonismo este verán como portos de partida do xacobeo marítimo

21 Agosto 2019

Ribeira e Pobra van estar no epicentro das rutas marítimas este verán, un epicentro descentralizado e conformado tamén por Vigo, Portonovo e Baiona: os portos que forman parte da chamada Travesía Náutica Xacobea Sur. Segundo informou hoxe o Consellería de Cultura e Turismo, o programa O Teu Xacobeo está a impulsar este meses un importante programa de excursións marítimas para complementar dende as rías as etapas terrestres do Camiño de Santiago, e, tamén, “para dar a coñecer o traxecto da entrada da barca de pedra do Apóstolo desde a bocana da ría de Arousa”. Os veleiros (catro) sairán de Ribeira, Pobra, e dos devanditos portos galegos.

As rutas programadas desde Ribeira funcionan con varios horarios de mañá e tarde os martes e venres do mes de agosto. O obxectivo principal é “facer o mesmo percorrido que fixo o corpo do Apóstolo, desde o Océano Atlántico ata o cruceiro do parque de Pedra Pateira, en Santa Uxía, considerado a porta de entrada na Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla”. Estas rutas están coordinadas polo Concello de Ribeira.

No mes de setembro e outubro, tamén dentro da programación de O Teu Xacobeo, o Concello da Pobra do Caramiñal coordinará unha traslatio cunha ruta en veleiro semellante á ofrecida estes días en Ribeira. E tamén desde o 24 de agosto poranse en marcha rutas xacobeas do mar de Arousa a pé que conectarán a Illa de Cortegada co Camiño de Santiago.

Outros artigos

A Pobra suma dúas novas citas coa cultura no Cantón da Leña

A programación cultural da Pobra do Caramiñal continúa a próxima semana con dúas propostas no Cantón da Leña. Sue Moreno, con 5.0, e Rendos Pequeno, con Charlatán Rodríguez, protagonizarán as funcións previstas para o martes 11 e o xoves 13 de agosto, ambas ás 20.30...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.