Rianxo retoma este domingo as súas quedadas astronómicas no paseo da Ribeira

22 Agosto 2019

20190822 Este domingo, se o tempo o permite (e todo apunta a que si, segundo o parte metereolóxico máis recente, que apunta á posibilidade de chuvias treboentas para o interior e ceos despexados para Barbanza), haberá unha nova sesión divulgativa sobre astronomía en Rianxo, unha actividade con observación da bóveda celeste incluída. A cita, que retoma o fío da xuntanza adiada do 6 de agosto (por mor do mal tempo, precisamente), é unha nova actividade do programa Rianxo Ciencia. O punto de encontro será o propio paseo local da Ribeira, a carón do busto de Castelao.

Esta quedada astronómica, que comeza á noitiña (sobre as 22.30 horas), servirá para ampliar o noso coñecemento sobre os elementos que están alén da bóveda celeste: os planetas do noso sistema solar, as estrelas duplas, os cúmulos estelares, etc. A actividade, que en caso de que o parte meteorolóxico veña finalmente adverso volverá ser aprazada, vén da man do Concello de Rianxo, Rianxo Ciencia, a Universidade de Santiago e maila Xunta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.