Rescatado un arroaz na praia dos Mosqueiros

23 Agosto 2019

20190823 A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) non cesa este verán de actividade, moita dela centrada na nosa comarca. Onte mesmo foi alertada da presenza dun golfiño común que se atopaba a piques de varar na praia dos Mosqueiros, en Ribeira, cousa que acabou facendo dúas ou tres horas despois de ser avistado preto da beira.

Grazas á boa coordinación da xente que se atopaba no areal, que foi quen deu a voz de alarma sobre o mediodía de onte, e as intervencións do GAEM, do Grupo de Protección Civil de Ribeira e de Cruz Vermella de Ribeira (que puxo en xogo unha padiola para transportar o cetáceo dende a area e máis a súa embarcación, cruciais para o desenvolvemento do traballo), o arroaz puido ser devolto ao mar (arredor das 15.00 horas) e carrexado até a bocana da ría de Arousa, e todo, sinala o CEMMA, no mínimo tempo posíbel e coa maior eficacia.

O CEMMA salientou o bo funcionamento do operativo, que foi coordinado a distancia pola entidade con sede en Nigrán.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.