Palmeira exaltará esta fin de semana o polbo

20 Agosto 2019

20190820. A Festa do Polbo de Palmeira celebrará esta fin de semana a súa sexta edición coa pretensión de vender unha tonelada de octópodo entre os comensais que se acheguen ao certame no recinto portuario desta parroquia ribeirense. Ademais, haberá empanada, churrasco e mexillóns, entre outros. Unha variada oferta gastronómica a prezos populares.

O concelleiro palmeirán Emilio Pérez, acompañado da edil de Cultura María Sampedro, deu a coñecer hoxe as características da feira, que abrirá as súas portas o sábado 24 e conta cun amplo abano de actividades.

Emilio Pérez lembrou que no primeiro ano contouse cunha carpa de 250 metros cadrados e que, co progresivo crecemento e consolidación do evento, nesta convocatoria disporase dunha instalación de 1.400 metros cadrados na que, unha vez máis, Manuel Veloso estará ao mando dos fogóns.

A prestixiosa oncóloga e investigadora Manuela Gago Domínguez será a encargada de ofrecer o pregón da festa o sábado 24 ás 20.00 horas. Antes, a xornada empezará con pasarrúas a cargo da charanga Os Atrevidos e do grupo de gaitas Xiada. Ás 12.00 horas, haberá unha sesión vermú co grupo Liantes de Artes, mentres que, ás 19.30 horas, actuarán os grupos de gaitas Xalunde e Xiada. Xa pola noite, a partir das 22.00 horas, o grupo Rokolas ofrecerá un concerto.

Por outra banda, a xornada do domingo 25 comezará con pasarrúas a cargo do grupo de gaitas O Rueiro para, ás 12.00 horas, dar paso a unha sesión vermú a cargo do grupo Versus. Na tarde, ás 20.00 horas, terá lugar unha exhibición de kárate-kempo polo Club Kempo Barbanza. O concerto de Pan de Leña, ás 22.00 horas, porá o broche final a este festexo.

O concelleiro agradeceu a colaboración dos bares Baluarte, A de Alejandro e Manolo o do Café, así como da comisión de festas.

María Sampedro sumouse a este agradecemento e animou a veciños e visitantes a que pasen por Palmeira para desfrutar desta xornada gastronómica.

Outros artigos

Aparece o corpo encadeado dun home no porto de Ribeira

Este martes 14 de abril Ribeira amenceu cun importante dispositivo policial no porto, trala aparición na dársena de Santa Uxía dun cadáver encadeado a unha escada, no espazo comprendido entre o barco Tres de Sempre e a estrutura do peirao. Segundo informou La Voz,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La hemos pifiado con Noelia”. Mario Clavell

“La hemos pifiado con Noelia”. Mario Clavell

Los sanitarios que eutanasiaron a Noelia son agentes ocultan su identidad por ese homicidio. No sólo por un pudor natural (pues era un acto ‘ob-sceno’, que sucede ‘fuera de la escena’ para privar ese horror a los espectadores), sino porque repugna aceptar la...

“Becerreá”. Xulio Xiz

“Becerreá”. Xulio Xiz

Neste país que vai para vello porque cara aló imos boa parte dos habitantes, para un pobo contar cunha residencia de maiores provoca a mesma ansia ca a que en tempos se experimentaba coa construción de colexios. Polo avance do calendario, cada ano precisamos maior...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.