O porto de Ribeira continúa sendo obxecto de roubos

28 Agosto 2019

20190828. Profesionais que desenvolven a súa actividade no peirao de Ribeira seguen sendo vítimas dos roubos cometidos por amigos do alleo. Non hai ninguén que estea a salvo. Por exemplo, esta fin de semana furtaron o combustible dos depósitos dun camión. Isto tradúcese nunha perda económica, pero tamén nunha falta de seguridade.

Respecto disto último, os afectados quéixanse das deficiencias de seguridade que presenta o porto ribeirense. Por isto, piden medidas de seguridade nun dos peiraos máis importantes de Galicia.

Ademais de dar servizo aos traballadores do sector pesqueiro, este emprazamento é de acceso libre, polo que non é raro atopar persoas alleas a esta actividade paseando ou facendo uso do aparcadoiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.