O PBBI solicita que se adquira un terreo en Castiñeiras para apertura de vía e estacionamentos

23 Agosto 2019

20190823. Con motivo do inicio das festas de verán na parroquia ribeirense de Castiñeiras, o Partido Barbanza Independiente (PBBI) solicitará, a través da presentación dunha moción, que o Concello compre a parcela de aproximadamente 2.000 metros cadrados existente a carón da igrexa parroquial e o colexio Sagrado Corazón de Jesús. Segundo manifestan, o obxectivo é abrir unha vía e facilitar zona de aparcamento “debido ás carencias existentes nese aspecto, sobre todo, as horas punta de entrada e saída do referido centro educativo, e tamén durante a época estival debido á gran afluencia á praia situada nas proximidades.”

Nese senso, a formación liderada por Vicente Mariño de Bricio propón que o alcalde inicie as conversacións e negociacións cos propietarios da finca ou a axencia inmobiliaria correspondente para que “no prazo máis breve posible se poda chegar a un acordo para a súa compra e darlle ese espazo ao destino mencionado.”

Así mesmo, entenden que se trataría dunha actuación “moi ben recibida polos veciños”, posto que sinalan que xa deran a coñecer dita iniciativa nun mitin celebrado en Castiñeiras no transcurso da pasada campaña electoral.

Ademais, o grupo municipal suxire que a citada superficie sexa empregada tamén para festexos e eventos populares “nos que se da cita un numeroso público e do que carece, exceptuando o recinto portuario.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.