O Consistorio ribeirense amosa retratos capaces de ‘petrificar’ ao espectador

19 Agosto 2019

20190819. A Casa do Concello de Ribeira acolle unha nova exposición desde hoxe e ata o 30 de setembro. Desta vez é a quenda da colección Medusas, da artista de Melide Belén Rodríguez Pazo.

A mostra está formada por 25 obras, sendo acuarelas na súa maior parte, aínda que tamén hai un pastel e unha fotografía. Todas elas son retratos femininos que, en palabras da autora, son “mulleres que che deixan de pedra”, en referencia ao célebre mito grego. A pintora tamén manifestou que son rostros que lle causaron unha profunda impresión, inspirándose en actrices do pasado hollywoodense e personaxes das obras de Shakespeare, entre outros. Ademais, indicou que no proceso de creación non fixo ningún bosquexo previo, posto que foi plasmando directamente a idea final.

Pola súa parte, a concelleira de Cultura, María Sampedro, referiu que esta xa é a terceira exposición que os veciños poden contemplar na Casa do Concello no que vai de verán e agradeceu a súa colaboración para poñela en marcha á comisaria María José Carreira e a Eugenia Gómez, de O Faiado Tenda-Galería.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...