O Concello de Ribeira apoia economicamente as actividades conmemorativas dos once séculos do nacemento de Corrubedo

14 Agosto 2019

20190814. O Concello de Ribeira e a Asociación Corrubedo XI Séculos rubricaron un convenio en virtude do cal a administración municipal contribúe aos obxectivos da devandita entidade coa fin de homenaxear o 1.100 aniversario do nacemento do coto de Corrubedo e da primeira referencia documentada deste topónimo.

O acordo foi asinado no Consistorio polo alcalde Manuel Ruiz e por Antonio Freire, presidente da asociación corrubedá, materializándose nunha subvención de 10.000 euros a empregar en eventos lúdicos e culturais, conferencias, exposicións, mapas e outras accións.

De feito, a Asociación Corrubedo XI Séculos é a entidade organizadora das actividades conmemorativas de mañá con motivo do día da patroa da parroquia, Santa María da Asunción, entre as que se inclúen a Carreira Popular; unha misa solemne na honra da Virxe, ás 12.00 horas; actividades infantís de 16.30 a 20.30 horas -inchables, tren e festa da escuma, entre outras- e un concerto de habaneiras, ás 19.00 horas, que ofrecerá o Coro Parroquial na igrexa.

Ademais, para o 25 de agosto está programada unha comida popular que incluirá a estrea do vídeo institucional destes once séculos.

Outros artigos

Ribeira volverá gozar da música ao abeiro da Aula Galega deSaxofón

A décimo oitava edición da Aula Galega de Saxofón chega ao Conservatorio Profesional de Música "Enrique Paisal" neste mes de maio. Trátase dun ciclo formativo arredor de dito instrumento con participación de alumnado do conservatorio ribeirense, así como doutros...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.