Náutico de Riveira lánzase á conquista da Bandera de La Concha

30 Agosto 2019
Cecida por Club de Remo Náutico de Riveira

20190830. As remeiras do Náutico de Riveira lograron converterse nas últimas clasificadas para disputar a Bandera de La Concha cun tempo de 11’45’’10. Mentres tanto, as crucenses quedaron ás portas da final, conseguindo o oitavo posto da clasificatoria con 11’53’’78.

Suso Silva, técnico do Náutico de Riveira indicou que viviron esa xornada “con moito nerviosismo e ao mesmo tempo moitas ganas de demostrar o traballo que levamos feito durante estes tres meses.” Para conseguir o seu obxectivo, “decidimos sacrificar outros resultados durante estas regatas previas.” A pesar de que “non saíu a regata que queríamos perfecta”, lograron asinar o sétimo posto na clasificatoria. Respecto disto, o técnico afirma que “foi un cúmulo de emocións a todo o que levamos pasado durante tres meses, tivemos moitos infortunios, moitos problemas, moitos comentarios que van minando un pouco a moral.” Agora “toca ir a por todas e intentar remar como nós sabemos” enfrontándose a equipos coma Orio para ondear a bandeira.

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.