Leiro exaltou a solla

12 Agosto 2019

20190812. A quinta edición da Festa da Solla do Ulla celebrouse este sábado na praza da Veliña de Leiro e contou coa presenza da conselleira do Mar, Rosa Quintana, así como membros da corporación municipal de Rianxo coma a primeira tenente de alcalde, María del Carmen Figueira. A cita arrancou co pregón seguido do xantar, onde se puido degustar este peixe tanto cocido coma frito. Ademais, houbo churrasco e o ambiente estivo amenizado por un DJ e un dúo.

O festexo deste evento gastronómico estivo organizado pola Asociación de Solleiros do Ulla e contou coa colaboración do Concello de Rianxo, da Comisión de Festas do Carme de Leiro e do Furancho A Veliña.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.