Gran ambiente nas primeiras horas de Artemar Ribeira

16 Agosto 2019

20190816. Artemar abriu as súas portas na tarde de onte en Ribeira e está a rexistrar un ambiente excepcional, con numerosas persoas que están a mercar ou curiosear polo cento de postos diseminados nas rúas peonís da cidade, nomeadamente Galicia, Santa Uxía e Rosalía de Castro no tramo preto do mar, ademais da praza do Concello.

O certame conta con diversidade de produtos de alimentación, artesanía, coiro, alfaias, xoguetes, especias, instrumentos musicais ou perfumaría, entre outros, chegados de distintos puntos da xeografía española e de países coma, por exemplo, Portugal, Marrocos, Túnez, Arxentina e México.

Así mesmo, a cita está sendo animada cunha variada programación que incluíu esta mañá teatro de monicreques fronte ao museo municipal a cargo de Pirueta Teatro, música pola rúa ou actividades infantís na praza do Concello, contos do mar por parte de Tragaleguas Teatro, etcétera.

Tamén o tecido asociativo colabora a través de diferentes stands situados na praza consistorial, mentres que artistas coma Antonio Pérez, Luis Polo, Teresa González, Teresa Argibay e J. D. Santarelli amosan e crean en vivo durante os días de feira, así como moitos outros da contorna que agrupan a súa obra en O Faiado Tenda-Galería.

A cita prolongarase ata o 18 de agosto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...