Entre Bateas quece motores para despedirmos agosto a golpe de rock

01 Agosto 2019

20190701 Non será preciso deixar O Barbanza para asistir e participar nun dos grandes acontecementos musicais da tempada estival: o Festival Entre Bateas da Pobra do Caramiñal, cuxa cuarta edición celébrase os días 30 e 31 agosto. A preparación da nosa gran cita do metal e do hard rock segue adiante sen atrancos no camiño, aínda que xa hai tempo que xa coñecemos o miolo do cartaz e os grupos que o compoñen. Esta semana a organización púxonos perante os ollos (a través do Facebook) o deseño final da camiseta desta cuarta edición de Entre Bateas, que estará á venda (15 euros) en cuestión de horas e que tamén se poderá adquirir in situ, no festival.

Amais, a comezos de xullo foi presentado o cartaz definitivo deste ano, con todas as actuacións programadas. Neste edición pasará polo escenario un elenco de grupos máis que destacado: Toundra, Aphonnic, Atomic Zeros e Grilo, na xornada do 30 de agosto, e Koma, Escuela de Odio, Strikeback e LDH (Los Del Humo) na segunda xornada, a do 31.

Para quen non o saiba, Entre Bateas é un festival centrado no metal, no hardcore, no trash e no rock, e que, ademais de facer un repaso polo máis potente e relevante da música actual destes estilos, é gratuíto e ofrece aos visitantes unha zona de campamento que tamén é de balde. A cita musical vén da man da asociación Xente ás Leiras e conta coa estreita colaboración do Concello da Pobra.

Amais de todo o completo menú musical que ofrece o festival, está programado un percorrido en catamarán, o venres 30 a partir das 17.00 horas, para coñecer a ría de Arousa a golpe de música rock (a singradura farase na compaña da banda Sabela King & The Heartbreakers).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.