Eliminado un punto de vertido de augas residuais na contorna da ribeirense praia de Coroso

26 Agosto 2019

20190826. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais en Ribeira.

Os técnicos de Augas de Galicia, tras a notificación de alerta por parte do 112, desprazáronse a Ribeira, onde detectaron un punto de vertido na zona do paseo das Carolinas.

Na inspección comprobouse que tivo lugar unha fractura da estrutura de formigón que recubre a rede de sumidoiros que descorre polo lugar, cedendo un dos pozos desta rede e producíndose un vertido nas inmediacións da praia de Coroso.

A Xunta solicitoulle ao Concello a realización de medidas para solucionar a situación, polo que se puxeron en marcha todas as actuacións precisas para a subsanación do vertido, que quedou emendado.

Posteriormente, e logo de confirmación da eliminación do vertido por parte da empresa xestora da rede, Augas de Galicia desprazouse á zona comprobando a efectividade das medidas adoptadas, consistentes no selado das fisuras motivadas pola fractura acontecida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.