Corrubedo festexará unha xornada conmemorativa

22 Agosto 2019

20190822. A Asociación Cultural Corrubedo XI Séculos celebrará o domingo 25 unha gran festa conmemorativa. Na carpa instalada na explanada portuaria desta parroquia ribeirense, os asistentes poderán desfrutar dun xantar de confraternidade no cal se poderá degustar paella e outros manxares típicos da zona.

Para asistir tan só é preciso retirar un billete anticipado que se pode adquirir en diversos puntos de Corrubedo. Ademais, procederase á proxección do vídeo que, de xeito altruísta, realizou Maxi Franco. A continuación, darase paso á actuación da banda de gaitas e danza Tahúme que ofrecerán pezas tradicionais mesturando son e baile.

Así mesmo, durante a xornada farase a entrega dos agasallos que brindará a directiva da Asociación a tódolos colaboradores oficiais dos eventos que se realizaron ao longo do ano.

Finalmente, DJ Magic Mendes será o encargado de amenizar o remate desta cita.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.