Castiñeiras vivirá esta fin de semana as súas festas de verán

21 Agosto 2019

20190821. A parroquia ribeirense de Castiñeiras celebrará do 23 ao 25 de agosto as súas festas de verán a través dunha programación organizada polo departamento de Cultura do Concello de Ribeira.

O venres 23, ás 20.00 horas, oficiarase unha Misa en honor do Sagrado Corazón de Xesús, cantada polo Coro Parroquial Bon Pastor de Castiñeiras. Ás 22.30 horas terá lugar no campo da festa, situado no porto da localidade, unha sesión musical con Discomóbil Chocolate.

O sábado 24 espertará, ás 10.00 horas, con bombas de palenque anunciando a festividade. De cara ao xantar, ás 13.00 horas, haberá unha gran sardiñada con viño, refrescos e pan de millo e trigo amenizada polo grupo de gaitas Xiada. Xa pola tarde, ás 17.00 horas, disputarase o Campionato Galego de Windsurf a iniciativa do Club Catro Ventos, mentres que pouco despois se desenvolverá unha sesión infantil con inchables e taller de globoflexia. Ás 20.00 horas, oficiarase unha nova Misa en honor a San Cristóbal e cantada polo Coro Parroquial Bon Pastor de Castiñeiras para, a continuación, dar paso a unha procesión acompañando a imaxe de San Cristóbal. A xornada rematará cunha verbena, ás 22.30 horas, amenizada polo grupo Beiramar e música disco, desde as 01.30 horas, con DJ Carlos Torres.

Por último, o domingo 25, tras as bombas de palenque das 10.00 horas, haberá un pasarrúas polo grupo de gaitas Xiada. Os festexos concluirán, ás 12.00 horas, cunha Misa solemne en honor á Virxe do Carme cantada polo coro parroquial e, acto seguido, unha procesión e ofrenda floral aos mariñeiros falecidos coa participación da lancha da Confraría de Pescadores e Cruz Vermella de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.