Até 1,5 toneladas de refugallos eléctricos chegan cada ano ao complexo ambiental do Barbanza

07 Agosto 2019

20190807 O Complexo Medioambiental Serra do Barbanza, emprazado en Servia (Lousame), vén de denunciar a persistencia dunha perniciosa práctica cidadá que se remonta a hai décadas e que aínda se mantén: a práctica de guindar refugallos eléctricos e electrónicos no lixo convencional ou no monte, con todos problemas que isto carrexa (trátase dunha práctica inútil, posto que todos os concellos teñen punto limpo e recollida gratuíta deste material a pé de rúa, e tamén perigosa, porque gran parte do material é contaminante, amais das consecuencias que ten esta práctica para a paisaxe e a conservación dos nosos montes). Segundo informou o Complexo, máis de 1,5 toneladas de residuos de aparellos eléctricos aparecen cada ano nas instalacións da entidade, mesturados co resto de refugallos.

A entidade, da que forman parte (principalmente) os concellos da vertente norte do Banbanza, aproveitou a presentación deste preocupante dato para lembrar a importancia de deixar este tipo de refugallos nos puntos limpos, para o seu correcto tratamento, xa que acubillan material contaminante e “afectan negativamente ao medio ambiente e á saúde”, elementos como os metais férricos, os plásticos, o cobre ou o aluminio.

Ademais, recordou a prohibición de depositalos nos contedores da rúa. Desde o Complexo Ambiental do Barbanza advertiron que sen a mellora da recollida selectiva da fracción orgánica e o resto das fraccións, “resultará difícil conseguir o obxectivo que marca a lexislación de reciclar o 50% dos residuos domésticos no 2020”.

A achega destes e doutros datos da entidade ambiental de Servia coincide no tempo co convite do Concello da Pobra a empregar o punto limpo local e os servizos de recollida de material desbotado que empresta neste e noutros municipios da comarca a empresa Urbaser. Respecto das cousas que poden levarse ao punto limpo ou reclamar que sexan recollidas, son principalmente as seguintes: móbeis, electrodomésticos de todo tipo de trastes vellos en xeral (berces, tendais, colchóns, somieres, sofás, cadeiras, etc).

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.