Artemar celebrarase en Ribeira do 15 ao 18 de agosto

12 Agosto 2019

20190812. A feira Artemar regresará a Ribeira do 15 e o 18 de agosto con preto dun cento de postos de alimentación, artesanía, coiro, alfaias, xoguetes, especias, instrumentos musicais ou perfumaría, entre outros. Ademais, nesta edición variará lixeiramente o seu emprazamento para acentuar a súa integración coa humanización da cidade. No acto de presentación estiveron a concelleira de Cultura, María Sampedro, e o seu homólogo de Relacións Institucionais, Turismo, Promoción e Dinamización, Ramón Doval.

Os postos estarán situados na rúa Rosalía de Castro, desde a súa confluencia coa rúa de Lugo ata a encrucillada coa rúa Galicia; na rúa Galicia, desde o Cruceiro da Saúde ata o museo municipal; na praza do Concello -incluíndo o tramo viario que vai desde a antiga libraría Sanyg ata o Zum Zum- e nas rúas Santa Uxía e Lustres Rivas. Deste xeito, os visitantes atoparan unha amplo abano de produtos chegados de distintos puntos da xeografía española e de países coma, por exemplo, Portugal, Marrocos, Túnez, Arxentina e México. Así mesmo, contacontos, teatro de rúa, ruadas con música tradicional, un tren, xogos infantís ou obradoiros son só unha pequena mostra do que ofertará este evento.

María Sampedro lembrou que o festexo data do 2007, celebrándose ao longo de 5 anos como feira artesanal e mariñeira para, no 2012, adquirir a denominación Artemar co obxectivo de acentuar outras dimensións da feira coma a artística e gastronómica e a integración do tecido asociativo. A responsable de Cultura indicou que “con este evento o que queremos é dar unha alternativa máis de ocio a tódolos ribeirenses e atraer aos visitantes, tanto aos que están na contorna coma aos que se atopan de vacacións no municipio, a unha feira temática que está consolidada no noso calendario estival.”

Este ano contarase novamente coa implicación de asociacións culturais coma Riveira escríbese con V, Amas de Casa, Aires de Dorna, Centro Social Santa Uxía Terceira Idade, Asociación de Empresarios ou Asociación Andavía, ademais da Residencia do Maior. Tamén están implicados artistas locais coma Antonio Pérez, Luis Polo, Teresa González, Teresa Argibay e J. D. Santarelli, os cales estarán situados na praza do Concello para amosar e crear en vivo durante os días da cita, así como moitos outros da contorna que agruparán a súa obra en O Faiado Tenda-Galería.

Por outra banda, repítense concursos coma os de escaparatismo, decoración hostaleira e ruta de tapas, con premios en cada unha das modalidades. Deste xeito, o público será o encargado de proclamar o gañador cos seus votos. Así, obterán papeletas gratuítas para a participación no sorteo de lotes de conserva artesanal doada por Frinsa, que se rifarán no transcurso dunha queimada popular organizada para o domingo 18, ás 21.30 horas, segundo avanzou Ramon Doval. O concelleiro engadiu que “esperemos que teña o mesmo éxito que tivo a feira Viamare que foi estes días pasados e con isto queremos dinamizar un pouquiño o tecido social e económico.”

Ambos edís aproveitaron para facer un chamamento a toda a cidadanía e visitantes, animándoos a que acudan vestidos de mariñeiros e mariñeiras, resaltando a calidade deste certame como iniciativa ligada ao ámbito marítimo.

Por último, solicitaron comprensión ante as limitacións ao tráfico rodado nas rúas afectadas, nas que o acceso estará restrinxido de 12.00 a 15.00 horas e de 18.00 a 00.00 horas, exceptuando emerxencias.

Outros artigos

En Aguiño centos de personas fixeron a andaina solidaria contra o cancro

Centos de persoas marcharon en Aguiño en beneficio da AECC e renden homenaxe a Josefa Abraldes. AECC Un total de 600 persoas uníronse á segunda edición da andaina solidaria “Aguiño contra ou Cancro”, organizada pola xunta local de Ribeira da Asociación Española Contra...

+

Adxudicada a renovación da maquinaria do aparcadoiro do Centenario

O Concello de Ribeira segue dando pasos adiante na renovación integral do aparcadoiro do Centenario para dar “o mellor servizo posíbel á veciñanza”, informaron fontes do Consistorio, engadindo que a día de hoxe o sistema ticketing e a súa maquinaria atópanse...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nos deben una explicación”. José Castro López

“Nos deben una explicación”. José Castro López

En el film de Berlanga “Bienvenido Míster Marshall”, Don Pablo, el alcalde de Villardel Rio -magistral Pepe Isbert-, después del paso de la “caravana de la abundancia” sinparar en el pueblo, se dirigió a sus vecinos para decirles “que yo, como alcalde vuestroque soy...

“Residencias universitarias” – José Manuel Pena

“Residencias universitarias” – José Manuel Pena

Comeza un novo curso escolar, nos diferentes campus universitarios. En Galicia, este ano, as matrículas universitarias serán gratuítas. Tamén xa o eran para os estudantes que obtiñan unha bolsa de estudos, principalmente procedentes de familias humildes, de acordo cos...