Ana Miranda insta á Comisión Europea a vixiar a protección dos espazos incluídos na Rede Natura

20 Agosto 2019

20190820. A voceira do BNG en Europa, Ana Miranda, considera “moi preocupante” a situación dos espazos incluídos na Rede Natura, na que se atopa a illa de Sálvora. Desta maneira, insta á Comisión Europea a vixiar o cumprimento das directrices comunitarias en materia medioambiental e ao respecto da Directiva Marco da Auga.

Miranda salienta que “o perigo que corre a illa de Sálvora, unha área mariña protexida, é un claro exemplo do desleixo das administracións cos diferentes espazos que temos en Galiza de gran riqueza ecolóxica, pesqueira e marisqueira.”

A voceira engade que “como é posible que en vinte anos as administracións galegas e estatal permitan acumular un monte de lodo e áridos de 25 metros de altura nunha área mariña protexida a só dúas millas da franxa de protección de Sálvora?”, e mesmo afirma que “é hora de poñer fin a esta situación tan prexudicial.”

Segundo indica Ana Miranda, “estamos diante dunha total irresponsabilidade non só desde o punto de vista medioambiental, senón tamén económico” ao considerar que están en xogo centos de postos de traballo do sector marisqueiro, pesqueiro e turístico da proximidade de Sálvora. Tamén apunta que así o teñen denunciado en diversas ocasións tanto a Plataforma de Defensa da Ría de Arousa coma o BNG de Ribeira.

Dada esta situación, Miranda entende que é “indispensable” a actuación da Comisión Europea, manifestando que “tanto neste como noutros casos sabemos que a única esperanza está nas decisións que se adopten en Bruxelas.” Deste xeito, lembra que a Comisión de Peticións reabriu a denuncia sobre a Ría do Burgo e a Ría de Vigo e posibilitou a comparecencia dos representantes da Plataforma en Defensa da Ría de Vigo e o patrón maior da Confraría da Coruña para explicar a falta de saneamento integral destes espazos.

Ana Miranda subliña que “desde o BNG opoñémonos a que Sálvora ou calquera outro punto do noso país, sexa ría ou río, se convertan nun vertedoiro” e avanza que a loita polo saneamento das augas e o cumprimento da Directiva Marco da Auga será unha das liñas de actuación da vindeira lexislatura.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.